Esta fin de semana pasada, celebrouse no Estadio Municipal “San Paio de Refoxos” de Cee o I Torneo de Fútbol 7 Concello de Cee.

Case medio cento de rapaces dos concellos de Muros, Negreira, Camariñas, Fisterra, Muxía, Corcubión e Cee, xogaron ó fútbol 7 durante o sábado 10 e o domingo 11. As categorías que xogaron non torneo foron Infantís, Benxamíns e Alevíns. O torneo converteuse nunha auténtica festa, cunha gran afluencia de espectadores e un ambiente espectacular.
Para a entrega de premios estiveron presentes Joaquín Casais (Presidente da Asociación Antidroga Retorno), Arturo Conde (Concelleiro de Deportes de Cee), Esperanza Castro (Representante de Ferroatlántica) e Amancia Trillo (Vicealcaldesa de Cee)
O torneo foi todo un éxito, constatado polas palabras de agradecemento e loubanza que os integrantes dos equipos lle fixeron chegar a organización.
Os resultados dos partidos foron os seguintes
A continuación podedes ver as fotos dos campións nas distintas categorías e unha galería das mellores imaxes dos partidos. Tamén podedes ver máis fotos na web da Peña Deportivista Os piratas de Muxía feitas por Xosé Búa.
Campións

Campión Infantil - Dumbría

Campión Benxamín - Cee

Campión Alevín - Dumbría
This slideshow requires JavaScript.


Gracias a todos os que colaboraron na celebración de este campeonato.Este foi un exito dun gran “equipo de traballo.”O próximo ano mais e mellor.Un abrazo a todos.